Álvaro Rey Feijóo
avogado e xornalista galego
Álvaro Rey Feijóo Raviña, nado en Santiago de Compostela, foi un avogado e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Santiago de Compostela |
Morte | século XX |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1903). Exerceu como avogado e despois foi funcionario de Facenda. Foi correspondente en Santiago de Compostela de Brasil en España,[1] colaborou en Gaceta de Galicia e foi o primeiro director do periódico Voz del Pueblo. Despois da guerra civil foi xefe de Negociado de Facenda en Madrid e colaborou en El Compostelano. Foi autor do apropósito Entre reclutas (1914).[2]