Abrir o menú principal

Apolinar Torres López, nado en Pontevedra o 23 de xuño de 1894 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un mestre, pedagogo e activo sindicalista da Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza (FETE), executado vítima da represión na zona franquista durante a guerra civil.[1][2][3]

Apolinar Torres
Nacemento1894
 Pontevedra
Falecemento27 de agosto de 1936
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

 
De pé, de esquerda a dereita: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez Elías, Laureano Domínguez Cao-Cordido e Manuel Lustres Rivas.
Sentados Jaime Solá, Manuel Otero Bárcena e Blas Agra Mancebo.
Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932.

Traballou como mestre en Vigo e destacou polos seus traballos pedagóxicos, chegando a dirixir a Página Pedagógica do diario El Pueblo Gallego. Foi un dos fundadores da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza, organización sindical que, agrupada con outras e integrada na Unión Xeral de Traballadores (UXT), constituíu máis tarde a Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza (FETE), da que foi presidente desde 1936. A súa militancia socialista levouno a presidir, tamén en 1936, a agrupación socialista viguesa.

Como moitos outros líderes socialistas galegos, co golpe de estado de xullo de 1936 que deu lugar á Guerra Civil, houbo de ocultarse para evitar a represión dos sublevados triunfantes en Galicia, pero foi descuberto na illa de Toralla. Detido e condenado á morte o 22 de agosto de 1936, foi executado cinco días despois no Cemiterio de Pereiró, xunto ao alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores, José Antela Conde, Ramón González Brunet, Waldo Gil Santóstegui, Manuel Rey Gómez e os deputados socialistas Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana Pérez e Antonio Bilbatúa Zubeldía.

NotasEditar

  1. "Lo más selecto" de Vigo en 1936, El País, 28 de agosto de 2008, consultado o 25 de xuño de 2011.
  2. Primeira entrada, no Dicionario biográfico del socialismo español.
  3. Segunda entrada, no Dicionario biográfico del socialismo español.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar