Enrique Heraclio Botana
Enrique Heraclio Botana Pérez, nado en Mourente (Pontevedra)[1] o 4 de decembro de 1871 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un dirixente socialista galego.[2]
Enrique Heraclio Botana | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de decembro de 1871 |
Lugar de nacemento | Mourente |
Falecemento | 27 de agosto de 1936 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, sindicalista e impresor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Era medio irmán de Manuel Portela Valladares. Traballou como tipógrafo en Vigo, sendo un dos fundadores da UXT nesa cidade. Foi elixido presidente da Agrupación Socialista de Vigo, director do diario Solidaridad dende 1901, e organizador da folga de tipógrafos de 1905.
En 1913 foi elixido concelleiro en Vigo polo PSOE. Presidente da Casa do Pobo da cidade, en 1931 foi un dos políticos e sindicalistas que proclamou a Segunda República en Vigo. Pouco despois, foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Defendeu a alianza dos socialistas cos sectores republicanos, se ben a radicalización do seu partido e a revolución de 1934 o apartaron da política.
O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Vigo, onde formaba parte do comité da Fronte Popular, e foi arrestado polos sublevados xunto a outros dirixentes de esquerda da cidade[3]. Foi condenado a morte nun consello de guerra sumarísimo polo delito de traizón, sendo fusilado o 20 de agosto no camposanto de Pereiró xunto a outras personalidades como o alcalde Emilio Martínez Garrido ou os deputados Antonio Bilbatúa Zubeldía e Ignacio Seoane Fernández[4].
Galería de imaxes editar
|
Notas editar
- ↑ La UGT de Vigo. Una aproximación histórica, de Antonio Manuel Chaves Cuiñas, editado pola Fundación Luis Tilve (1998), ISBN 84-921045-8-9. «Na cidade de Pontevedra ─contrariamente ao escrito por moitos ata a data─ nacía o 4 de decembro de 1871 Enrique Heraclio Botana [...]» (traducido do castelán). Aparece unha imaxe da acta de nacemento.
- ↑ Mosquera, Javier: "Líder socialista y fundador de la UGT en Vigo" Faro de Vigo, 2/6/2013 (en castelán).
- ↑ Galicia mártir Arquivado 02 de decembro de 2012 en Wayback Machine., de Hernán Quijano.
- ↑ Asasinados en Vigo durante a Guerra Civil.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heraclio Botana |
Bibliografía editar
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 128.
- Pérez Agulla, Guillerme (2007). Fundación Luís Tilve, ed. "Enrique Heraclio Botana". Claridade. setembro (Especial homenaxe): 7–23. Consultado o 28 de xaneiro de 2021.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Ficha do Congreso dos Deputados
- Biografía en culturagalega.org
- Carbajo, Primitivo: "Lo más selecto" de Vigo en 1936, El País, 28/8/2008 (en castelán).
- Enrique Heraclio Botana na páxina web Nomes e Voces.