Ignacio Seoane
Ignacio Seoane Fernández, nado en Ribadavia en 1900 e fusilado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un sindicalista, político e dirixente socialista galego.
Ignacio Seoane | |
---|---|
Nacemento | 1900 |
Lugar de nacemento | Ribadavia |
Falecemento | 27 de agosto de 1936 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sindicalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Ignacio Seoane traballou de panadeiro e militou na UXT e no PSOE. Nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra pola Fronte Popular. Era membro do Comité da Fronte Popular de Vigo.
Cando tivo lugar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé á guerra civil española estaba enfermo e retirado no Concello de Cotobade, onde foi detido[1], participando na detención a guardia cívica da que formaba parte Víctor Lis Quibén.
O 20 de agosto foi condenado a morte nun consello de guerra sumarísimo polo delito de traizón, sendo fusilado unha semana máis tarde no camposanto de Pereiró con outros membros do Comité da Fronte Popular de Vigo, como o alcalde Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores José Antela Conde e os deputados socialistas Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía[2].
NotasEditar
- ↑ Galicia mártir Arquivado 02 de decembro de 2012 en Wayback Machine., de Hernán Quijano.
- ↑ Asasinados en Vigo durante a Guerra Civil.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Lamela, Luis (2005). "Pasión y muerte del diputado socialista pontevedrés Ignacio Seoane Fernández". A represión franquista en Galicia. Actas do Congreso da Memoria. Narón, decembro de 2003. Ferrol: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.
Ligazóns externasEditar
- Ficha Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. do Congreso dos Deputados
- Ignacio Seoane na páxina web Nomes e Voces.