Emilio Martínez Garrido
Emilio Martínez Garrido, nado en Lavadores o 17 de decembro de 1886 e fusilado no cemiterio de Pereiró de Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un industrial e alcalde de Vigo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1886 Lavadores, España |
Morte | 27 de agosto de 1936 (49 anos) Cemiterio de Pereiró, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Vigo | |
1936 – 1936 (destitución) ← Manuel Hidalgo Rodríguez | |
Alcalde de Vigo | |
1932 – 1934 ← Amado Garra – Ángel Campos Varela → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Traxectoria
editarMembro da UGT asistiu ao Congreso de 1905 como delegado dos canteiros de Ourense, Moaña e Vigo e da Federación de Traballadores de Vigo.
Foi elixido alcalde de Vigo polo PSOE durante o período da Segunda República Española e presidiu Vigo nun momento de desenvolvemento económico. Foi candidato do PSOE por Pontevedra nas eleccións de 1933, sen resultar elixido. O 9 de marzo de 1934 foi destituído como alcalde polo Gobernador civil, Diego Fernández Gómez. Ese ano foi procesado por delito de imprenta e durante a folga xeral revolucionaria de 1934 pertenceu ao Comité Revolucionario de Vigo, polo que foi encarcerado. Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi novamente elixido alcalde de Vigo. Formou parte da Comisión de alcaldes de Galicia, que viaxou a Madrid o 13 de xullo de 1936 para facer entrega do Estatuto de Galicia ás Cortes da República, regresando a Vigo o día 18.
Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, en Vigo formouse un Comité del Frente Popular, coa participación de concelleiros, alcalde e deputados, cando o goberno republicano central chamou á formación de comités permanentes para facer fronte á crise.
Reunidos no concello de Vigo, o Comité tentou manter a estabilidade na cidade. Cando o oficial ó mando da Garda de Asalto ofreceu ós seus homes para defender o concello e armar voluntarios, o alcalde negouse rotundamente, aducindo que o comandante militar déralles a súa palabra de lealdade; cando os responsables da Confederación Nacional do Traballo en Vigo (un importante núcleo obreiro naquela época) ofrecéronse ó Comité para defender a cidade ante o golpe militar inminente e pediron armas, o alcalde expulsounos do concello e ameazounos con facelos deter pola policía dado que seguía confiando na palabra do comandante militar.
Ó día seguinte, 20 de xullo, os oficiais militares sublevaron e na Porta do Sol de Vigo dispararon contra a multitude que se manifestaba a favor da Segunda República. O alcalde e o Comité da Fronte Popular por el dirixido foron detidos e, tras un xuízo militar, Emilio Martínez foi fusilado no cemiterio de Pereiró o 27 de agosto de 1936[1].
Recoñecementos
editarDende o ano 1986, a avenida coñecida como "Avenida da Ronda" pasou a levar o seu nome, no barrio da Dobrada.
A sede do PSOE de Vigo leva o seu nome.
Predecesor: Amado Garra Castellanzuelo |
Alcalde de Vigo 1932 - 1934 |
Sucesor: Ángel Campos Varela |
Predecesor: Manuel Hidalgo Rodríguez |
Alcalde de Vigo 1936 |
Sucesor: José Giménez García |
Notas
editar- ↑ "Lo más selecto" de Vigo en 1936, El País, 28 de agosto de 2008, consultado o 27 de agosto de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emilio Martínez Garrido |
Bibliografía
editar- La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República Arquivado 24 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., tese de doutoramento presentada por Manuel Fernández González na USC, 2005.
- Antomil Pérez, Daniel (2016). De los nombres de las calles de Vigo. Vigo: Ediciones Cardeñoso. p. 155. ISBN 978-84-8190-844-2.
- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 84. VG 955-2010.