Ángel Campos Varela
Ángel Campos Varela, nado en Cerdedo o 20 de xaneiro de 1891 e finado en Vigo o 20 de xuño de 1954, foi un avogado e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1891 ![]() Cerdedo, España ![]() |
Morte | 20 de xuño de 1954 ![]() Vigo, España ![]() |
![]() | |
1935 – 1936 ← Emilio Salgado Urtiaga – Manuel Hidalgo Rodríguez → | |
![]() | |
1934 – ← Emilio Martínez Garrido – Emilio Salgado Urtiaga → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado ![]() |
Traxectoria
editarNado en Cerdedo.[1] Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1918). Foi Xuíz municipal de Cerdedo (1922) e ocupou interinamente o cargo de secretario da Audiencia de Pontevedra (1925). Foi concelleiro de Vigo na ditadura de Primo de Rivera. Presidente da Sociedade de Agricultores de Coruxo, nas eleccións do 12 de abril de 1931 foi proclamado concelleiro como candidato monárquico, aínda que despois figurou como agrario independente. Apoiou a elección do socialista Emilio Martínez Garrido como alcalde e foi elixido primeiro tenente de alcalde. Logo da suspensión de Martínez Garrido polo Gobernador civil, o 9 de marzo de 1934 foi nomeado alcalde, e permaneceu na presidencia da corporación ata a folga xeral revolucionaria de 1934. Volveu ser alcalde de Vigo a finais de decembro de 1935, cando o Gobernador civil destituíu a Emilio Salgado Urtiaga.
Vida persoal
editarNotas
editar- ↑ Solla, C. (12 de abril de 2020). "Ánxel Campos Varela, o avogado cerdedés que foi alcalde do Vigo republicano (I)". Xornal de Tabeirós-Terra de Montes.
- ↑ El Eco de Santiago, 28-9-1923, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández González, Manuel (2002). "Las elecciones municipales de abril de 1931 y la proclamación de la Segunda República en Vigo". Boletín del Instituto de Estudios Vigueses (8): 7–31. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2014. Arquivado 12 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
- Fernández González, Manuel (2005). La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República (PDF) (Tese) (en lingua castelá). USC..
- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 155–156. ISBN 978-84-8457-448-4.
Predecesor: Emilio Martínez Garrido |
Alcalde de Vigo 1934 |
Sucesor: Emilio Salgado Urtiaga
|
Predecesor: Emilio Salgado Urtiaga |
Alcalde de Vigo 1935 - 1936 |
Sucesor: Manuel Hidalgo Rodríguez |