Emilio Salgado Urtiaga
Emilio Salgado Urtiaga, nado en Punxín o 6 de xaneiro de 1897 e finado en Madrid o 27 de xuño de 1970, foi un arquitecto e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1897 ![]() Punxín, España ![]() |
Morte | 27 de xuño de 1970 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
outubro de 1934 – 28 de decembro de 1935 (destitución) ← Ángel Campos Varela – Ángel Campos Varela → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, político ![]() |
Traxectoria
editarDe neno trasladouse coa familia a Vigo onde os seus pais abriron un establecemento comercial. Realizou os estudos superiores na Escola de Arquitectura de Madrid e obtivo o título en 1923. En xaneiro de 1924 fíxose coa praza de arquitecto municipal de Pontevedra, cargo que desempeñou ata os primeiros anos da década de 1930. Como arquitecto municipal redactou un plan xeral de aliñacións e rasantes que presentou ao Concello a principios de outubro de 1926. Tamén trazou o proxecto de escalinatas e rotonda da Alameda.
Nesta época mantivo aberto un estudio de arquitectura en Vigo. Membro do Partido Radical, en outubro de 1934 foi elixido alcalde de Vigo. Durante o seu mandato impulsou a constitución do Museo de Castrelos.
No seu mandato como alcalde xurdiu na cidade unha polémica en torno ao proxecto urbanístico de Ensanche e Reforma Interior que trazara Antonio Palacios Ramilo en 1932 e fora aprobado definitivamente polo Ministerio de Traballo e Sanidade en xullo de 1934. Ante a enérxica oposición que suscitou a aprobación, Salgado foi o único técnico que mantivo o apoio ao proxecto de Palacios. Salgado foi destituído polo Gobernador civil o 28 de decembro de 1935. O Proxecto foi finalmente rexeitado pola primeira corporación xurdida da guerra civil e anulado definitivamente en 1939.
A súa obra está influenciada por Antonio Palacios, polo que sentiu unha profunda admiración.
Durante os últimos anos da súa vida residiu en Madrid.
Predecesor: Ángel Campos Varela |
Alcalde de Vigo 1934 - 1935 |
Sucesor: Ángel Campos Varela |
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández González, Manuel (2005). La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República (PDF) (Tese) (en lingua castelá). USC..