Antonio Bilbatúa Zubeldía

telegrafista galego

Antonio Bilbatúa Zubeldia, nado en Sarria o 23 de maio de 1894 e fusilado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un político e dirixente socialista galego de orixe vasca.

Modelo:BiografíaAntonio Bilbatúa Zubeldía
Biografía
Nacemento23 de maio de 1894 Editar o valor en Wikidata
Sarria, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Cemiterio de Pereiró, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

24 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, telegrafista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsDemetrio Bilbatúa Zubeldia
Luis Bilbatúa Zubeldia Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1386

Traxectoria

editar

Fillo de Tomás Bilbatúa Urien e Luisa Zubeldia Oraa, traballou de oficial de telégrafos e militou no PSOE. En xuño de 1915 aprobou as oposicións ao corpo de telegrafistas[1]. Foi elixido deputado da Fronte Popular pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Vigo xunto a outros dirixentes de esquerda da cidade[2].

O 20 de agosto foi condenado a morte nun consello de guerra sumarísimo polo delito de traizón, e fusilado no camposanto de Pereiró unha semana despois xunto cos outros membros do Comité da Fronte Popular de Vigo: o seu irmán Demetrio, o alcalde Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores José Antela Conde, e os deputados socialistas Enrique Heraclio Botana e Ignacio Seoane[3]. Outro dos seus irmáns, Luís Bilbatúa Zubeldia, tamén foi asasinado polos falanxistas o 15 de setembro.

  1. "Correos y Telégrafos. Nuevos telegrafistas". La Mañana (en castelán) (Madrid). 21-6-1915. p. 7. 
  2. Galicia mártir Arquivado 02 de decembro de 2012 en Wayback Machine., de Hernán Quijano.
  3. Asasinados en Vigo durante a Guerra Civil.