Demetrio Bilbatúa Zubeldia

mestre e político galego

Demetrio Tomás Bilbatúa Zubeldia, nado en Soraluze (Guipúscoa) o 21 de decembro de 1896 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.

Demetrio Bilbatúa Zubeldia
Nacemento21 de decembro de 1896
 Soraluze
Falecemento27 de agosto de 1936
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
FillosDemetrio Bilbatúa Rodríguez
IrmánsAntonio Bilbatúa Zubeldía e Luís Bilbatúa Zubeldia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Tomás Bilbatúa Urien e Luisa Zubeldia Oraa, foi irmán de Antonio e Luís Bilbatúa Zubeldia. Mestre nacional e presidente do Partido Socialista de Vigo. En abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado en Vigo por traizón e condenado a pena de morte. Foi executado co seu irmán Antonio no Cemiterio de Pereiró o 27 de agosto de 1936. Entrementres, a súa nai e a súa irmá Margarita (nada en Xaén en 1901) emigraron a Nova York, nos Estados Unidos, en xuño de 1939 desde Boulogne-sur-Mer, a bordo do S.S. Statendam. Foi pai de Demetrio Bilbatúa Rodríguez.

NotasEditar

  1. La Vanguardia, ed. (28 de abril de 1936). "Las elecciones de compromisarios en provincias". Barcelona: 30. Consultado o 9 de abril de 2011. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar