Luis Bilbatúa Zubeldia

político galego
(Redirección desde «Luís Bilbatúa Zubeldia»)

Luís Calo Bilbatúa Zubeldia, nado en Soraluze (Guipúscoa)[2] o 2 de outubro de 1898 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaLuis Bilbatúa Zubeldia
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Soraluze, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsDemetrio Bilbatúa Zubeldia e Antonio Bilbatúa Zubeldía Editar o valor em Wikidata
"Neste lugar ás dúas beiras da estrada ao mencer do 15 de setembro de 1936 apareceron asasinados polos fascistas os corpos de
Marcial Araújo Conde
Eugenio Arbones Castellanzuelo
Luís Bilbatúa Zubeldia
Segundo Echegaray García
Adolfo Morgade Pazos
Abraham Muñoz Arconada
Inocencio Taboada Montoto.

O pobo non esquece.
 15 de setembro de 2007."[1]

Traxectoria editar

Fillo de Tomás Bilbatúa Urien e Luisa Zubeldia Oraa, foi irmán de Antonio e Demetrio Bilbatúa Zubeldia. Traballou de telegrafista en Vigo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido no Frontón e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro con Eugenio Arbones Castellanzuelo, Segundo Echegaray García, Adolfo Morgade Pazos, Inocencio Taboada Montoto, Abraham Muñoz Arconada e Marcial Araujo Conde.[3]

Notas editar

  1. "Un recuerdo que no fue bien acogido por algunos". La Voz de Galicia (en castelán). 24/10/2007. 
  2. Por erro, algunha fonte afirma que naceu en Plasencia (Estremadura), cando realmente naceu na localidade guipuscoana de Soraluze, que en castelán chámase Placencia de las Armas.
  3. "Un monumento recordará a un grupo de siete personas fusiladas en Cabral en septiembre de 1936" La Voz de Galicia, 16/9/2007 (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar