Segundo Echegaray García

perito industrial e empresario galego

Segundo Echegaray García, nado en Buenos Aires o 5 de decembro de 1900 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un perito industrial e empresario galego.

Modelo:BiografíaSegundo Echegaray García
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1899 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte15 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Cabral, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, execución por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBuenos Aires Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónperito industrial, empresario Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiMartín Echegaray Olañeta Editar o valor en Wikidata
IrmánsMartín Echegaray García Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7855
"Neste lugar ás dúas beiras da estrada ao mencer do 15 de setembro de 1936 apareceron asasinados polos fascistas os corpos de
Marcial Araújo Conde
Eugenio Arbones Castellanzuelo
Luís Bilbatúa Zubeldia
Segundo Echegaray García
Adolfo Morgade Pazos
Abraham Muñoz Arconada
Inocencio Taboada Montoto.

O pobo non esquece.
 15 de setembro de 2007."[1]

Traxectoria

editar

Era fillo de Martín Echegaray Olañeta (1866-1931), propietario da illa de Toralla. Masón, pertencía, igual que pertencera o pai, á loxa Vicus nº 8.[2] Cando o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochou a Enrique Blein Budiño, exalcalde e amigo da familia. Segundo foi detido e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro con Eugenio Arbones Castellanzuelo, Abraham Muñoz Arconada, Luís Bilbatúa Zubeldia, Inocencio Taboada Montoto, Marcial Araujo Conde e Adolfo Morgade Pazos.[3] Os seus restos foron trasladados a Buenos Aires, onde descansan no panteón familiar.

Tralo asasinato de Segundo, a nai, Inocencia García Iglesias, e os irmáns: Eduarda, Juan Luis, Isabel e Inocencia, exiliáronse na Arxentina. O irmán Martín, pintor, refuxiouse en Francia.