Ramón González Brunet
Ramón González Brunet, nado en Vigo c. 1886 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1936, foi un político e sindicalista galego.
Ramón González Brunet | |
---|---|
Nacemento | 1886 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 27 de agosto de 1936 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sindicalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Membro da Unión General de Trabajadores (UGT), da que foi dirixente en Vigo, e do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), sufriu a represión posterior ás xornadas de folga de 1917 e da ditadura de Primo de Rivera. Foi elixido concelleiro de Vigo nas eleccións de 1931 que deron lugar á proclamación da República.
Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo escondido na casa de Benito Alonso Valiñas e Angelina Montero Franqueira, os pais de Xesús Alonso Montero, que rexentaban a taberna El Recreo,[1] mais foi descuberto o 3 de agosto. Xulgado en consello de guerra sumarísimo e condenado a morte, foi executado no Cemiterio de Pereiró xunto aos deputados Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía, o alcalde, Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores, José Antela, o mestre e pedagogo, Apolinar Torres e os dirixentes socialistas Ubaldo Gil Santóstegui e Manuel Rey Gómez.[2]
Notas editar
- ↑ Hermida García, M. (2010). Xesús Alonso Montero. Palabras e compromiso. Vigo: Ir Indo. ISBN 978-84-7680-658-6.
- ↑ "Lo más selecto" de Vigo en 1936, El País, 28 de agosto de 2008, consultado o 27 de agosto de 2012.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ramón González Brunet na páxina web Nomes e Voces.