Ignacio Seoane

sindicalista e político galego

Ignacio Seoane Fernández, nado en Ribadavia en 1900 e fusilado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un sindicalista, político e dirixente socialista galego.

Ignacio Seoane
Nacemento1900
Lugar de nacementoRibadavia
Falecemento27 de agosto de 1936
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ignacio Seoane traballou de panadeiro e militou na UXT e no PSOE. Nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra pola Fronte Popular. Era membro do Comité da Fronte Popular de Vigo.

Cando tivo lugar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé á guerra civil española estaba enfermo e retirado no Concello de Cotobade, onde foi detido[1], participando na detención a guardia cívica da que formaba parte Víctor Lis Quibén.

O 20 de agosto foi condenado a morte nun consello de guerra sumarísimo polo delito de traizón, sendo fusilado unha semana máis tarde no camposanto de Pereiró con outros membros do Comité da Fronte Popular de Vigo, como o alcalde Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores José Antela Conde e os deputados socialistas Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía[2].

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Lamela, Luis (2005). "Pasión y muerte del diputado socialista pontevedrés Ignacio Seoane Fernández". A represión franquista en Galicia. Actas do Congreso da Memoria. Narón, decembro de 2003. Ferrol: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática. 

Ligazóns externas editar