Abrir o menú principal

Ubaldo Gil Santóstegui, nado en Vigo o 9 de xuño de 1879 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1936, foi un médico e político galego

Ubaldo Gil Santóstegui
Ubaldo Gil Santosegui.jpg
Nacemento9 de xuño de 1879
 Vigo
Falecemento28 de agosto de 1936
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Exerceu a súa profesión médica en Vigo, destacando por ter sido, xunto co doutor Nicolás Paz Pardo, o primeiro en establecer un gabinete de raios X na cidade en 1913. Membro do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión General de Trabajadores (UGT), foi elixido deputado provincial en 1921, presentándose despois como candidato socialista a deputado ao Congreso nas eleccións de 1923 sen obter escano. Nas eleccións municipais de 1931 foi elixido concelleiro de Vigo, onde chegou a ser tenente de alcalde.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, foi detido, xulgado en consello de guerra sumarísimo e condenado a morte, sendo executado no Cemiterio de Pereiró xunto aos deputados Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía, os seus compañeiros de corporación, o concelleiro Ramón González Brunet e o alcalde, Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores, José Antela, o mestre e pedagogo, Apolinar Torres e Manuel Rey Gómez[1].

NotasEditar

  1. "Lo más selecto" de Vigo en 1936, El País, 28 de agosto de 2008, consultado o 27 de agosto de 2012.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar