Manuel Rey Gómez
sindicalista galego
Manuel Rey Gómez, coñecido como Villagarcía, nado en Cambados en 1904 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un mariñeiro e sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Cambados, España |
Morte | 27 de agosto de 1936 (31/32 anos) Vigo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Villagarcía |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Traxectoria
editarInstalado en Vigo, durante a República foi detido en varias ocasións acusado de maleante.[1][2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido, xulgado en consello de guerra sumarísimo e condenado a morte. Foi executado no Cemiterio de Pereiró xunto aos deputados Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía, o concelleiro Ramón González Brunet e o alcalde, Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores, José Antela, o mestre e pedagogo, Apolinar Torres e o dirixente socialista Ubaldo Gil Santóstegui.[3]