El Despertar Gallego (1922)
El Despertar Gallego foi un periódico editado en Buenos Aires pola Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales na República Arxentina entre 1922 e 1930.
El Despertar Gallego | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Buenos Aires |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Órgano mensual de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina, comezou a editarse o 1 de xaneiro de 1922, dirixido por Antón Alonso Ríos. Posteriormente foi dirixido por Eduardo Blanco Amor, Sebastián Guerrero e Antonio Fernández Lorenzo (1928).[1] En outubro de 1929 volveu á dirección Antón Alonso Ríos.[2] Entre os seus redactores figuraron Ramón Suárez Picallo, que foi secretario de redacción, Agustín Infante, Pedro Campos Couceiro, Vicente Paz Infante, Julio Sigüenza, Emilio Pita e Aurora M. Carballo.
Inclúiu crónicas e noticias das súas actividades así como información interna da Federación (informes da xunta executiva, consello federal, asembleas, debates, disensións internas etc.); información local galega e da propia colectividade (na que se critica o papel das autoridades consulares); artigos de carácter político, nos que se reflexiona sobre a situación galega e española dende unha perspectiva agrarista (mesmo recollendo ou facendo chamamentos á mobilización agraria). Tamén aparecen traballos cunha temática moi variada sobre a instrución, a cooperación, o antiimperialismo etc.
A publicación foi evolucionando, ao mesmo tempo que as correntes dentro da propia Federación, dende unha perspectiva socialista a ter unha orientación nacionalista, o que provocou numerosas controversias na mesma e rematou coa ruptura da Federación, continuando a publicación como voceiro do sector nacionalista ata o ano 1930.
Foi substituído por Galicia.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Despertar Gallego, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. ISBN 978-950-786-574-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilanova, Alberto (2005). "Despertar Gallego, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha de El Despertar Gallego no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.