Eustaquio Ilundáin

Eustaquio Ilundáin y Esteban, nado en Pamplona o 20 de setembro de 1862[1] e falecido en Sevilla o 10 de agosto de 1937,[2] foi bispo de Ourense entre os anos 1904 e 1920 e posteriormente arcebispo de Sevilla ata a súa morte.

Eustaquio Ilundáin
Cardenal Ilundáin (1862-1937).jpg
Nome completoEustaquio Ilundain y Esteban
Nacemento20 de setembro de 1862
 Pamplona
Falecemento10 de agosto de 1937
 Sevilla
SoterradoCatedral de Sevilla
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
PremiosGran Cruz da Orde Civil de Beneficencia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Recibiu formación en Teoloxía nos seminarios de Pamplona e Cidade Real. Na capital navarra foi ordenado sacerdote no ano 1886 e alí serviu ata 1891. Entre 1901 e 1904 foi reitor do Seminario de Segovia.

Durante o seu período na diocese de Ourense prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para subministrar aparellos ao gabinete de Física e Historia natural que el mesmo fundou.

En 1914 suspendeu a divinis ao crego e líder agrarista Basilio Álvarez pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa do campesiñado e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de ocio, entre elas o cinematógrafo, que foi visto como unha ameaza á doutrina da Igrexa e aos seus valores morais[Cómpre referencia], visión esta que retratou Carlos Casares na novela Ilustrísima.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Pascual Carrascosa
 Bispo de Ourense 
1904 - 1920
Sucesor:
Florencio Cerviño González

NotasEditar

  1. Luis Aguirre Prado (1964). SIE, ed. La Iglesia y la Guerra Española (en castelán). p. 54. 
  2. José Sánchez Herrero (2003). La Semana Santa de Sevilla. Sílex Ediciones. p. 262. ISBN 9788477371205. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar