Florencio Cerviño González
Florencio Cerviño González, nado en Areas (Tui) o 7 de novembro de 1857 e finado en Ourense o 31 de xaneiro de 1941, foi un relixioso galego, bispo da diocese de Ourense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1857 Areas, España |
Morte | 31 de xaneiro de 1941 (83 anos) Ourense, España |
Bispo de Ourense | |
7 de marzo de 1921 – ← Eustaquio Ilundáin – Francisco Blanco Nájera → Diocese: diocese de Ourense | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1921–), sacerdote católico (1885–) |
Membro de | |
Consagración | Manuel Lago González |
Familia | |
Irmáns | Antonino Cerviño González |
Traxectoria
editarEn 1874 ingresou no seminario de Tui. Fixo os estudos sacerdotais cunha bolsa. Tras recibir o grao de bacharel en Teoloxía en 1883, foi nomeado profesor de filosofía. En 1883 foi nomeado presbítero. Estudou dous anos de canons, e en 1887 foi nomeado capelán do Asilo de Anciáns Desamparados. En 1890 doutorouse en Teoloxía e licenciouse en Canons, e foi nomeado fiscal do tribunal eclesiástico. Posteriormente accedeu mediante oposición á Maxistralía do cabido.
Escribiu poesías, que publicou en El Eco del Miño. Nesa publicación sostivo unha polémica con Indalecio Armesto, a través de once artigos asinados co pseudónimo de Solino Forcey. Na publicación La Integridad publicou en 1901 unha oración fúnebre na memoria de Rosendo Salvado.
O 7 de marzo de 1921 foi nomeado bispo de Ourense polo papa Bieito XV, e foi consagrado na catedral de Tui o 27 de decembro dese ano polo bispo Manuel Lago González.
Foi irmán do tamén relixioso Antonino Cerviño González.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) 1. Bibliófilos Gallegos. pp. 278–279.
Ligazóns externas
editar- Florencio Cerviño González, no Diccionario Biográfico Español da Real Academia de la Historia (en castelán).
Predecesor: Eustaquio Ilundáin |
Bispo de Ourense 1921 - 1941 |
Sucesor: Francisco Blanco Nájera |