El Eco del Miño (Tui)

El Eco del Miño foi un periódico bisemanal editado en Tui entre 1879 e 1883.

Historia e característicasEditar

Apareceu o 14 de agosto de 1879. Publicación de tendencia católico-tradicional-carlista foi fundado e dirixido por Luis Zamora Carrete, que aos dous meses foi substituído por Justo Salvador Cabezas. Entre os seus colaboradores figuraron Antonio Cerviño, Enrique Sánchez Castillo, Javier Pimentel e Teodoro Sánchez Patiño. Ademais de información de carácter xeral, incluíu crónicas locais e variedades. Mantivo enfrontamentos cos periódicos vigueses La Concordia e Faro de Vigo, e El Anunciador de Pontevedra. Cesou a súa edición en xuño de 1883.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Páramos, José G. (1918). Estudio bibliográfico y crítico acerca de la prensa periódica tudense. Madrid: Viuda de Pueyo. pp. 83–150. 
  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. p. 602. ISBN 84-7492-489-8.