Luis Zamora Carrete

profesor universitario, xornalista e escritor galego


Luis María Juan José Wenceslao Zamora Carrete, nado en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1848 e finado na mesma cidade o 1 de agosto de 1918[1], foi un profesor universitario, xornalista e escritor galego.

Modelo:BiografíaLuis Zamora Carrete

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1848 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 1918 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, xurista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiPablo Zamora Marcos Editar o valor en Wikidata

BUSC: zamora-carrete-luis-1849-1918

Traxectoria

editar

Foi fillo do avogado e catedrático da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela Pablo Zamora Marcos e de Rita Carrete Pardo, a irmá do xeneral carlista Ramón Carrete-de Losada Pardo, e irmán de Felisa Zamora Carrete, que casou co catedrático de Farmacia da mesma universidade Sandalio González Blanco.

Foi catedrático de Dereito natural e Procedementos e prácticas xurídicas na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu El Eco del Miño, colaborou en La Concordia, El Porvenir e La Integridad. Traduciu e publicou en folleto unha obra do Vizconde de la Figaniere[2]. Foi xefe provincial carlista.

En 1905 deu o discurso de apertura do curso universitario 1905-1906 da Universidade de Santiago de Compostela coa lectura de "Consideraciones sobre la prescripción legislativa que a la letra dice: «La declaración de corcurso incapacita al concursado para la administración de sus bienes y para cualquiera outra que por ley le corresponda»".

Vida persoal

editar

Casou con Elisa Pérez Hermida, coa que tivo cinco fillos[1]: Leonor, Pablo (delegado de Facenda en Pontevedra), Rafaela, José Antonio (farmacéutico) e Luis Zamora Hermida (médico).

  1. 1,0 1,1 "Luis Zamora Carrete (Necrolóxica)". El Eco de Santiago (en castelán) (Santiago). 2-8-1918. p. 3. 
  2. Hoja Oficial del Lunes, 17-3-1975, p. 2.