Pablo Zamora Marcos

avogado, profesor universitario e político galego

Pablo Zamora Marcos, nado en Valderas (provincia de León) o 29 de xuño de 1814[1] e finado en Santiago de Compostela o 12 de abril de 1889[2], foi un avogado, profesor universitario e político galego.

Pablo Zamora Marcos
Nacemento29 de xuño de 1814
Lugar de nacementoValderas
Falecemento12 de abril de 1889
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid, Universidade de Santiago de Compostela e Seminario de Valderas
Ocupaciónavogado, político, profesor universitario e xurista
FillosLuis Zamora Carrete
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi fillo do propietario de Valderas (León) José Zamora e de Josefa Marcos Rodríguez, e irmán do párroco de Santa Mariña de Ribasar, Tomás Zamora Marcos (falecido en 1897)[3], sendo bautizado na parroquia de Santa María de Valderas.

Estudou Filosofía ata o terceiro ano no Seminario de Valderas, continuando esta materia así como a carreira de Teoloxía entre 1829 e 1833 na Universidade de Valladolid, onde obtivo o grao de bachiller. Neste último ano pasou á Universidade de Santiago de Compostela, onde rematou os tres últimos cursos de Teoloxía en 1836, en que de xeito extraordinario foi profesor auxiliar nesta facultade. Cursou desde 1836 a carreira de Dereito na mesma universidade, obtendo o 10 de xaneiro de 1837 a validación ("aboamento") dos cursos primeiro e terceiro, e aprobando o segundo en 1840, co que obtivo o título de bachiller en Leis. O cuarto e o quinto cursos aprobounos en 1838 e 1839, respectivamente, e os dous últimos en 1841 e 1842, acadando o grao de licenciado o 30 de xuño deste ano, pudendo desde entón exercer de avogado, así como o de doutor[1].

En efecto, desde 1842 traballou como avogado[4] nos seus primeiros anos, pero desde ben cedo comezou a introducirse na docencia universitaria. En 1845 o Reitor nomeouno substituto da cátedra de Cálculo Aritmético e Nocións de Xeometría, pasando o 1 de outubro do ano seguinte a impartir as materias de Latín, Retórica e Poética na Facultade de Filosofía e Letras[1]. Por fin, o 1 de novembro de 1850 se incorporou como profesor auxiliar de Práctica Forense na Universidade de Santiago de Compostela, sendo a continuación nomeado catedrático de Dereito Romano o 22 de abril de 1857[5]. Impartiu esta materia ata que en 1867 pasou a ser catedrático por oposición de Teoría e Práctica de Procedementos Xudiciais (desde 1883 chamada Dereito Procesual), que deixou en 1887[6]. Apenas tres anos despois obtivo esta mesma cátedra o seu fillo Luis. A finais dos anos 70 ostentou por vez primeira o decanato da Facultade de Dereito[7].

En xuño de 1883 foi nomeado Inspector do distrito Universitario de Santiago polo claustro desta[8]. O 12 de febreiro de 1886 foi nomeado decano da Facultade de Dereito[9], que ostentou até o seu falecemento o 12 de abril de 1889[1], momento no que impartía a materia de Teoría dos Procedementos e Práctica Forense. Tamén foi vice-reitor desta universidade desde 1887 e reitor interino ao falecemento de Antonio Casares o 12 de abril de 1888[1].

O 14 de agosto de 1844 obtivo o cargo de alcalde de Santiago, sucedendo a Narciso Zepedano Carnero e sendo relevado poucos meses despois por José Varela Cadaval. Poucos anos despois, coa caída de Espartero, foi nomeado polo Capitán Xeneral de Galicia novamente alcalde-presidente o 23 de xullo de 1856[10], permanecendo no cargo ata o 22 de novembro.

Tamén foi membro da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e, en 1851, vice-director do Recreo Compostelán. Por outra banda, desde a súa fundación o 16 de novembro de 1844, foi membro do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago[11], sendo o seu decano entre 1870 e o seu falecemento en 1889[12]. En 1878 obtivo a encomenda da Orde de Isabel a Católica[13].


Predecesor:
Narciso Zepedano Carnero
  
Alcalde de Santiago
 
1844
Sucesor:
José Varela Cadaval
Predecesor:
Pío Rodríguez Terrazo
  
Alcalde de Santiago
 
1856
Sucesor:
Joaquín Losada Pimentel

Vida persoal editar

O 26 de agosto de 1843 casou con Rita María del Carmen Carrete Pardo (A Porta, Sobrado, 1811-Santiago de Compostela, 1885), coa que tivo tres fillos: María de los Dolores Ruperta (Santiago, 1844-id., 1851), Felisa Francisca Javiera María de los Ángeles (Santiago, 1847-id., 1926) e Luis María Juan José Wenceslao Zamora Carrete (Santiago, 1848-id., 1918). Foi cuñado do xeneral carlista Ramón Carrete-de Losada Pardo (Santiago, 1804-Saintes, Francia, 1876) e sogro do profesor universitario Sandalio González Blanco (Valderas, 1840-Santiago, 1918).

Obra escrita editar

  • Cuatro palabras sobre la construcción del ferrocarril compostelano de la Infanta Doña Isabel (1866)[14]
  • Consideraciones Históricas sobre la enseñanza en la Universidad de Santiago (1867), discurso de apertura do curso académico 1867-68
  • Informe de la S. E. de Amigos del País de la ciudad de Santiago sobre la conveniencia de establecer la reciprocidad del derecho de pescar para los españoles en las costas portuguesas y para los portugueses en las de España[5] (1879), elaborado xunto a Benito Núñez Forcelledo e José Antonio Parga Sanjurjo

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Sección editorial. † El Señor Don Pablo Zamora Marcos". Gaceta de Galicia (en castelán) (Santiago). 15-4-1889. p. 1. 
  2. "Necrolóxica". Gaceta de Galicia (en castelán) (Santiago). 15-4-1890. p. 3. 
  3. "Acompañamos en el sentimiento...". El Pensamiento Gallego (en castelán) (Santiago). 28-4-1897. p. 3. 
  4. (Cores 1990, p. 74)
  5. 5,0 5,1 (Barreiro 2002, p. 399)
  6. (Barreiro 2002, p. 410). «Dende 1860, ano do cese de Neira, queda sen cubrir ata 1867, en que D. Pablo Zamora obtivo por oposición a cátedra que rexentou ata 1887. Neste ano gañou a oposición á cátedra D. Arsenio Misol Martín».
  7. "Noticias de Galicia". El Diario de Santiago (en castelán) (Santiago). 28-1-1878. p. 2. 
  8. "Tenemos la satisfacción...". Gaceta de Galicia (en castelán) (Santiago). 1-7-1883. p. 3. 
  9. "Noticias". El Magisterio Gallego (Santiago de Compostela). 15-2-1886. p. 3. 
  10. "Correspondencia particular. Santiago, 10 de agosto". La Oliva (en castelán) (Vigo). 16-8-1856. p. 3. 
  11. (Cores 1990, p. 73)
  12. (Cores 1990, p. 181)
  13. "En las mercedes...". El Diario de Santiago (en castelán) (Santiago). 26-1-1878. p. 3. 
  14. Cuatro palabras sobre la construcción del ferrocarril compostelano de la Infanta Doña Isabel (en castelán). Santiago: Tipografía de Jacobo Souto é hijo (impresor). 1866. p. 55. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar