El Pensamiento Gallego (1895)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Pensamiento Gallego.
El Pensamiento Gallego foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1895 e 1898.
Historia e características editar
Subtitulado Diario Católico Tradicionalista, apareceu en novembro de 1895[1]. Sucedeu a El Pensamiento Galaico. Estaba dirixido por Ramón Gallego García e o administrador era Antonio García Mosquera. Entre os seus redactores figuraba Carolino Costas e entre os colaboradores José Eleicegui López. Desapareceu en xullo de 1898, sendo substituído por El Pensamiento de Galicia.
Notas editar
- ↑ Segundo unha información publicada en Gaceta de Galicia, 30-11-1895, p. 2, que da conta tamén do cese de El Pensamiento Galaico.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Edicións do Castro. ISBN 84-7492-489-8.