El Pensamiento Galaico
El Pensamiento Galaico foi un periódico carlista editado en Santiago de Compostela entre 1888 e 1895.
El Pensamiento Galaico | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 3 de abril de 1888 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Descrito por | Apuntes bibliográficos de la prensa carlista |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Diario católico-tradicionalista, apareceu o 3 de abril de 1888. Foi continuación de El Pensamiento Gallego consignando na súa cabeceira Segunda Época e na numeración o número 380.[1] Continuou defendendo a causa carlista. Dirixido por Juan Vázquez de Mella e Constantino Moreira Martínez. A partir de outubro de 1888 a redacción de El Pensamiento Galaico publicou unha revista co título El Pensamiento Gallego[2]. O 11 de outubro de 1889 cederon a propiedade e a dirección a Antonio García Mosquera. Logo da marcha de Vázquez de Mella o director foi Mariano Jamardo, continuando Antonio García Mosquera como administrador. Entre os seus redactores estaban Carlos Adrán Botana e Jesús Fernández Suárez. Publicou artigos de dereito penal, historia ou relixión, ademais de folletíns como as novelas A tecedeira de Bonaval[3] e O castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro. Foi substituída en novembro de 1895 por El Pensamiento Gallego. En 1898 apareceu El Pensamiento de Galicia como continuador dos dous anteriores.
Notas
editar- ↑ Segundo unha información publicada en Gaceta de Galicia, 4-4-1888, p. 3.
- ↑ Segundo unha información publicada en Gaceta de Galicia, 26-9-1888, p. 3.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Galaxia. p. 452. ISBN 84-8288-365-8.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Pensamiento Galaico, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Pensamiento Galaico, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Palomares Ibáñez, Jesús María (1983). "Prensa y política en Galicia: la prensa periódica compostelana (1875-1936)". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (en castelán) (Universidade de Valladolid) (4): 391–430.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.