Mariano Jamardo
xornalista galego
Mariano Jamardo Kristman, nado en Rois en 1865 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 1897[1], foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1865 Rois, España |
Morte | 15 de xaneiro de 1897 (31/32 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarCursou a carreira eclesiástica no Seminario de Santiago de Compostela. Ao rematar os estudos de Teoloxía marchou a Madrid, onde gañou un posto de capelán da Armada que non chegou a ocupar por non terse ordenado finalmente sacerdote. De ideoloxía carlista, foi director de El Pensamiento Galaico (1890-1892) substituíndo a Juan Vázquez de Mella. Despois foi redactor de El Correo Español de Madrid e correspondente en Madrid de El Pensamiento Gallego ata a súa morte.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Pensamiento Gallego, 16-1-1897, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ossorio y Bernard, Manuel (1903). Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid: Imprenta y librería de J. Palacios. p. 211.