A tecedeira de Bonaval
A tecedeira de Bonaval é unha novela de Antonio López Ferreiro, publicada por entregas no xornal El Pensamiento Galaico, do 5 de xullo ao 21 de decembro de 1894. En 1895 foi editada por Andrés Martínez Salazar no volume X da Biblioteca Gallega, e en 1953 reeditouna Pedret Casado en Bibliófilos Gallegos nun volume conxunto coas súas outras dúas novelas: O niño de pombas e O castelo de Pambre.
A tecedeira de Bonaval | |
---|---|
Imaxe da segunda edición. | |
Título orixinal | A Tecedeira de Bonaval: episodio da hestorea de Compostela no sigro XVI |
Autor/a | Antonio López Ferreiro |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Biblioteca Gallega |
Xénero(s) | novela |
Data de pub. | 1894 |
Seguido por | O castelo de Pambre |
[ editar datos en Wikidata ] |
Narración
editarA obra, narrada en terceira persoa, está estruturada en 25 capítulos, que responden a cambios no espazo ou no tempo.
A novela reflicte as incipientes loitas sociais no espazo urbano de Santiago de Compostela, con tres puntos clave: Bonaval como espazo popular, os pazos da praza do Toural como reflexo do poder civil, e a Catedral como reflexo do poder eclesiástico. A acción transcorre entre decembro de 1543 e abril de 1546.
Lingua
editarNo momento da escritura da obra aínda non existía unha normativa oficial do galego. Con todo, López Ferreiro definiu uns certos criterios no texto.
Véxase tamén
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: A tecedeira de Bonaval |
Bibliografía
editar- LÓPEZ FERREIRO, A.: A tecedeira de Bonaval. Edición de Xosé Antonio Palacio e Blanca-Ana Roig, con estudo literario de Anxo Tarrío. Ed. Xerais, 1985.