Baldomero Cores

avogado, sociólogo e escritor galego

Baldomero Cores Trasmonte, nado en Cee o 14 de outubro de 1929 e finado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 2014, foi un avogado, xornalista, sociólogo, catedrático e escritor galego.

Baldomero Cores
Nacemento14 de outubro de 1929
Lugar de nacementoCee
Falecemento24 de decembro de 2014
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado, sociólogo e escritor
Na rede
Dialnet: 116960
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Natural do concello de Cee, trasladouse a Santiago de Compostela aos dez anos de idade, alí realizou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, na Escola Social de Santiago de Compostela e en Madrid estudou políticas na Universidade Central, foi profesor de socioloxía na Facultade de Ciencias Políticas da Complutense e catedrático de socioloxía na Universidade de Porto Rico (1968-1983).

Foi cronista de Cee durante os seus últimos 60 anos.[1] Colaborou en numerosos medios xornais como La Noche, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e El Correo Gallego.

En 1983 retornou da súa prolongada emigración para ser o primeiro letrado do recentemente creado Parlamento de Galicia, participando plenamente no desenvolvemento da lexislación galega.

Obras en galego editar

Ensaio editar

Obras colectivas editar

  • A memoria de Santiago, 2000, Xerais.

Obras en castelán editar

Ensaio editar

  • Sociología rural de Galicia, 1973.
  • Estatuto de Galicia: actas y documentos, 1976.
  • Sociología política de Galicia, 1976.
  • La devolución de Galicia: el Estatuto de ayer y hoy, 1977.
  • La sociedad incompleta: el drama de la capitalidad en Galicia, 1981.
  • Ramón Suárez Picallo: socialismo, galleguismo y acción de masas en Galicia, 1983, Edicións do Castro.
  • Los símbolos gallegos, 1986.
  • Alfredo Vicenti: Vida y Obra de un Gran Periodista, 2009.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar