Benito Núñez Forcelledo

avogado e catedrático galego

Benito Núñez Forcelledo, nado en Santiago de Compostela o 28 de abril de 1846 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 1890, foi un xurista e catedrático galego.

Benito Núñez Forcelledo
Nacemento28 de abril de 1846
 Santiago de Compostela
Falecemento16 de xaneiro de 1890
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxurista e Cátedra universitaria
PaiFernando Núñez del Cañal
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Fernando Núñez del Cañal Teijeiro e sobriño de Benito Forcelledo Tuero, bispo de Astorga (1852-1858). Estudou o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela. Comezou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1862 e rematou a carreira en 1869. Fixo o doutoramento na mesma universidade rematando en 1879. Foi nomeado catedrático de Dereito Canónico na USC e desempeñou a cátedra de Teoría e práctica de instrumentos públicos da escola do Notariado de Santiago de Compostela. Aceptou a invitación do bando carlista para ensinar Dereito Romano na Universidade libre de Oñati en 1869, onde permaneceu pouco tempo. Obtivo por oposición a cátedra de Dereito Romano da USC en 1876, que se transformou en Dereito Natural, volvendo desempeñar a cátedra de Dereito Romano logo do falecemento do decano Rosende Cancela en 1886. Foi elixido secretario perpetuo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.

ObrasEditar

  • Informe de la S. E. de Amigos del País de la ciudad de Santiago sobre la conveniencia de establecer la reciprocidad del derecho de pescar para los españoles en las costas portuguesas y para los portugueses en las de España (1879), elaborado xunto a Pablo Zamora Marcos e José Antonio Parga Sanjurjo.[1]
  • Prolegómenos del derecho o introducción a los estudios jurídicos, 1880.

NotasEditar

  1. Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2002). Historia da Universidade de Santiago de Compostela. II O século XIX. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela / Parlamento de Galicia. p. 588. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar