Heraldo de Galicia (1913)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Heraldo de Galicia.
Heraldo de Galicia foi un xornal editado en Ourense en 1913.
Historia e características editar
Subtitulado Diario independiente, pareceu a principios de xaneiro de 1913. Periódico de tendencia agrarista fundado por Adolfo Merelles Martel, estaba dirixido por Benito Serantes Echegaray. Foron os seus redactores Justo Hermida, Antonio Docampo e Vicente Domínguez. Entre os seus colaboradores figurou Amando Losada Díaz. En outubro de 1913 Benito Serantes dimitiu como director, sendo substituído polo fundador Adolfo Merelles. Nos últimos meses de 1913 substituíu á revista Acción Gallega como portavoz do movemento Acción Gallega durante un período curto de tempo. Cesou a súa publicación o 11 de novembro de 1913[1]. Foi continuado por El Heraldo Gallego.
Notas editar
- ↑ Noticia en Noticiero de Vigo, 12-11-1913, p. 1.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.
- Valcárcel López, Marcos (1987). Deputación Provincial, ed. A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense. pp. 166–167. ISBN 84-505-5721-6.