Concello de Canedo

antigo concello galego

Canedo foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1836 e 1943.

Concello de Canedo
Tipoantigo concello de España Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1836 Editar o valor en Wikidata
Disolución15 de outubro de 1943 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Localización
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Igrexa parroquial de Canedo.

Xeografía

editar

Canedo era un concello limítrofe co de Ourense; o linde entre ambos era o río Miño, con Canedo situado na marxe dereita (ao norte) e Ourense na esquerda (ao sur). Comprendía nove parroquias: Arrabaldo, Beiro, Canedo, Cudeiro, O Castro de Beiro, Palmés, Santiago das Caldas, Untes e Vilar de Astrés.

A capital era a entidade de poboación que se coñecía como Ponte Canedo, na parroquia de Santiago das Caldas.

Historia

editar

A mediados do século XIX, coa inauguración da estrada de Vigo en 1863 e a de Santiago en 1870, a localidade de Ponte Maior e os diversos lugares de Santiago das Caldas desenvolveron unha grande actividade económica e un novo tecido urbanístico. O feito de ser Canedo un concello que deixaba libre tránsito de mercadorías facilitou que a vila que existía ao pé da ponte Vella comezase a medrar. A competencia co comercio da capital motivou que xa en 1865 se intentase, sen éxito, a anexión ao concello de Ourense.

Cando se inaugurou o ferrocarril, o Goberno decidiu construír a estación de Ourense na localidade da Ponte, no concello de Canedo. Ao redor da estación fóronse establecendo comerciantes, hospedaxes e casas de comidas, axencias de transportes, talleres, pequenas industrias, mestres de obras e artesáns, servizos etc. Os comerciantes e políticos de Ourense retomaron a idea da anexión. En 1926 formouse unha comisión mixta Ourense-Canedo para fixar as bases dunha posible fusión, pero un levantamento popular fixo que se esquecese o tema. Ao rematar a guerra, en 1940, impúxose a anexión, que pasou por diversos avatares e foi derrogada. Finalmente, coa intervención do gobernador civil, acabou por materializarse en 1943.[1]

Nas inmediacións da estación, na madrugada do 1 de xullo de 1934, un grupo de mozos da Xuventude Católica, entre os que se atopaban José Miranda Cabo (irmán de Antonio Miranda Cabo, secretario provincial das Juventudes de Acción Popular; ambos emparentados cos señores do Pazo de Parada de Amoeiro), Ricardo Taboada Salgado e Luís Gómez Andero, sufriu un atentado por arma de fogo,[2], resultando morto o primeiro uns meses despois.[3] Por este crime foi detido e sometido a sumario o veciño natural das Neves José Villar Lafuente, militante do Partido Comunista de España (PCE).[4] O suceso foi considerado pola prensa da época como o primeiro crime de carácter político que se producía na cidade (aínda que Canedo non formaba parte formalmente do concello de Ourense) nos anos da Segunda República,[5] entrando a formar parte do martiroloxio local nas primeiras horas do franquismo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar