O Castro de Beiro, Ourense
parroquia civil do concello de Ourense
Santo André do Castro de Beiro é unha parroquia que se localiza ao noroeste do concello de Ourense. Segundo o INE en 2021 tiña 127 habitantes (4 máis que o ano anterior).
O Castro de Beiro | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial. | |
Concello | Ourense[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°22′28″N 7°54′57″O / 42.374422222222, -7.9159722222222Coordenadas: 42°22′28″N 7°54′57″O / 42.374422222222, -7.9159722222222 |
Área | 5,23 km² |
Poboación | 204 hab. (2014) |
Densidade | 39,01 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
DescriciónEditar
Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo. Pola parroquia pasa o Camiño de Santiago. Ademais por alí pasa o Rally Ribeira Sacra. Desta parroquia foi cura Basilio Álvarez, quen promoveu o movemento agrario a comezos do século XX.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares do Castro de BeiroEditar
Lugares da parroquia do Castro de Beiro no concello de Ourense | |
---|---|
A Abelaira | A Abeleda | Cachalvite | Cardenao | O Castro de Beiro | Cima da Costa | Freixedo | O Lagar | Nogueira | Pazos | Vilariño |