Santiago das Caldas, Ourense
Santiago das Caldas é unha parroquia do concello de Ourense. Hoxe é unha parroquia totalmente urbana, situada á marxe dereita do río Miño. Ten uns 20.000 habitantes.
Santiago das Caldas | |
---|---|
As termas da Chavasqueira en 2010. | |
Concello | Ourense[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°20′55″N 7°52′14″O / 42.34869444, -7.87055556 |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA parroquia pertencía ó Coto de San Miguel de Canedo. Comprende a entidade de poboación que en tempos se coñecía como Ponte Canedo, o núcleo principal do antigo Concello de Canedo que en 1943 quedou anexionado ó Concello de Ourense. Desta parroquia e debido os incrementos demográficos e a expansión da cidade foron segregadas dúas zonas como parroquias eclesiásticas novas: en 1954 a de Santa Ana do Pino e en 1969 a de Santa Teresita (no Vinteún e barrios adxacentes).
Patrimonio
editarA igrexa parroquial primitiva estaba ó lado do cemiterio das Caldas, pero foi substituída por un templo novo, sito na Avenida das Caldas, inaugurado o 28 de novembro de 1920. Foi o seu autor o arquitecto vasco Xosé María de Basterra, quen se atopaba en Ourense neses anos reformando o Seminario de San Fernando. É o autor da igrexa dos xesuítas e da igrexa de Nosa Señora de Begoña, ambos en Bilbao. Os seus deseños están inspirados na arquitectura gótica. Os retablos son do escultor galego Máximo Magariños.
Servizos
editarNa parroquia localízanse a estación principal de ferrocarril de Ourense (coñecida como Estación de Ourense - Empalme), a estación de autobuses, a comisaría da policía local, o campo da feira, o parque de bombeiros, diversos centros educativos, un Centro de Saúde e as Burgas das Caldas (rebautizadas modernamente como Termas da Chavasqueira).
Lugares e parroquias
editarLugares de Santiago das Caldas
editarLugares da parroquia de Santiago das Caldas no concello de Ourense | |
---|---|
Bobadela | Casteadona | O Paraíso | Pombal | Reza Vella |