Acción Gallega (revista)

periódico galego (1910-1916)

Acción Gallega foi unha publicación que actuou como o primeiro portavoz de movemento agrario de Acción Gallega e constituía unha das mellores fontes para seguir o curso de agrarismo galego. Un dos máis importantes documentos da historia social de Galiza no século XX.

Acción Gallega
PaísEspaña
Lugar de publicaciónMadrid
Lingualingua castelá
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Primeira época editar

Subtitulada Defensora de los intereses regionales e editada en Madrid, apareceu o 15 de xaneiro de 1910. Revista quincenal dirixida por Basilio Álvarez. Os colaboradores habituais eran Manuel Linares Rivas, Alfredo Vicenti, Manuel Portela Valladares, José Rodríguez Carracido, Prudencio Canitrot, Luis Antón del Olmet, Manuel Lezón e Alfonso Alcalá Martín. Tamén colaboraron esporadicamente Manuel Murguía, Juan Barcia Caballero, Augusto Barcia Trelles, Santiago Casares Quiroga e Rodrigo Sanz.

Fíxose eco de todos os movementos campesiños de Galicia. Cesou a súa publicación en agosto de 1910, despois do fracaso da Liga Agrario-Redencionista e da II Asemblea Agraria de Galicia.

Segunda época editar

Apareceu en outubro de 1911, por moi breve lapso de tempo, e tivo de novo como director a Basilio Álvarez. De escaso interese, presenta a novidade do gran formato, idéntico ao da maioría dos diarios da época.

Terceira época editar

Subtitulado Semanario órgano de la Liga Acción Gallega, iniciou a terceira etapa o 24 de outubro de 1912. Mantivo o formato e a dirección de Basilio Álvarez. Como xefe de redacción estaba Eugenio López Aydillo, que foi substituído despois por Alfonso Alcalá Martín e finalmente por Manuel Lustres Rivas polas alternativas da loita de Acción Gallega. As últimas escisións co bloque de Madrid levaron á súa desaparición nos últimos meses de 1913 cando foi substituído por Heraldo de Galicia como portavoz de Acción Gallega durante un tempo. Dende novembro de 1913 El Heraldo Gallego foi recoñecido como diario do movemento.

En 1916 reapareceu como folla incorporada a El Parlamentario, diario madrileño de Luis Antón del Olmet. Dirixida por Basilio Álvarez, apareceu o 1 de agosto de 1916 e deixou de editarse o 16 de novembro dese ano.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar