Prudencio Canitrot

pintor, ilustrador e xornalista galego

Prudencio Canitrot Mariño, nado en Pontevedra en xaneiro de 1883 e finado en Madrid o 24 de xaneiro de 1913, foi un pintor, ilustrador e xornalista galego.

Modelo:BiografíaPrudencio Canitrot

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoxaneiro de 1883 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xaneiro de 1913 Editar o valor en Wikidata (29/30 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, pintor, autor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1228277 BUSC: canitrot-prudencio-1883-1913

Traxectoria

editar

Sobriño de José Millán. Tiña interese pola pintura e empezou a pintar e cando tiña 16 anos fixo os seus primeiros óleos en Pontevedra, logo tivo un estudio e co tempo decidiu marchar para converterse en artista. Destacou como paisaxista e ilustrou varios libros da súa época. Estivo dous anos percorrendo Portugal e Francia ata chegar a Madrid a finais de 1903. Abandonou a pintura para dedicarse á literatura e ao xornalismo. Colaborou en La Correspondencia Gallega. Foi corrector da obra de Rosalía de Castro. Entre as súas obras destacan San Benito de Lérez, Unha romería en Galicia e Paisaje de las cercanías de Pontevedra. Por afinidade artística pode incluírse na Xeración Doente. Foi premiado polos seus relatos polas revistas Galicia e El Liberal. Organizou a primeira Exposición de Pintura Gallega (Madrid, 1912). Dirixiu, xunto a Luis Antón del Olmet, a "Biblioteca de Escritores Gallegos" e colaborou nas principais revistas españolas e americanas como Suevia. Tamén participou no Rexionalismo galego en 1910 cando coñeceu a Basilio Álvarez e implicouse con Acción Gallega facendo campaña pola redención foral.

 
El camino de Santiago (1909)
  • Cuentos de abades y aldeas, 1909.
  • El Camino de Santiago, 1909.[1]
  • Rías de ensueño. Impresiones de Galicia, 1910.
  • Ruínas, 1910.
  • Suevia, 1911.
  • "Epílogo sentimental" no v. IV das Obras completas de Rosalía de Castro, 1912.
  • La última pirueta, 1913.
  • La luz apagada, 1914.
  • El señorito rural.
  • Tragedias ridículas y otras narraciones.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar