II Asemblea Agraria de Galicia

asemblea do agrarismo galego

A II Asemblea Agraria de Galicia celebrouse en Monforte de Lemos do 13 ao 15 de agosto de 1910.

II Asemblea Agraria de Galicia
Tipocongreso
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

A Asemblea, que estaba prevista para agosto de 1909, adiouse pola conflitiva situación social (Semana Tráxica, represión contra a Mano Negra e sucesos de Oseira). Estivo presidida por Rodrigo Sanz. Constituíron con el a mesa: Francisco Pérez, presidente da Federación Agraria de Ourense como vicepresidente; Manuel Lugrís, polas sociedades da Coruña; Santos García, pola de Pontevedra; Juan Méndez Fernández, pola de Lugo; e Ricardo Picouto pola de Ourense; actuaron como secretarios Santiago Casares Quiroga e Victoriano Rodríguez.[1] Participaron 66 sociedades, 5 periódicos e 5 entidades oficiais e contou coa adhesión de 2 deputados galegos. Aprobáronse 43 conclusións, e nomeouse unha comisión para facelas inmediatamente executivas. Entre os aspectos novidosos figurou unha conclusión que pedía a substitución dos cereais por cultivos hortícolas, froiteiros e forraxeiros. Manifestando o predominio solidario, acordouse a creación dunha Federación Agraria de ámbito galego. Non se trataron cuestións políticas, ao entender que seguían vixentes as aspiracións da I Asemblea.

As conclusións desta comisión executiva publicáronse e entregáronselle ao xefe do Goberno, clasificándoas nos seguintes apartados: Cultivo Xeral, Vitivinicultura, Gandería, Industrias Rurais, Transportes e Comunicacións, Propiedade Rural, Foros Acción Sindical, Crédito Rural, Lexislación Agrícola, Forestal, Hixiene e Sanidade Rurais, Impostos, Emigración, Instrución, Servizo Militar e Execución do Acordado.

Basilio Álvarez asistiu á Asemblea como secretario da Liga Agrario-Redencionista, que propuxo a articulación dun partido agrario.

  1. Galicia, 8-10-1910, p. 6.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar