Abrir o menú principal

Joaquín Núñez de Couto, nado en Ourense e finado en abril de 1940[1], foi un profesor e agrarista galego.

Joaquín Núñez de Couto
Joaquín Núñez de Couto 1909.jpg
 Ourense
Falecemento1940
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Foi director do Colexio de San Luis Gonzaga de Lugo (1893) e profesor do Instituto de Lugo. Foi catedrático do Instituto de Ourense (1899), e cofundador e director o colexio León XIII de Ourense e despois de Vilagarcía, ata 1923 en que o substituíu o seu sobriño Xosé Núñez Búa. Fundou a Sociedad de Agricultores de Vilaxoán, foi presidente da Sociedad de Agricultores de Portonovo e da Federación de Agricultores do distrito de Cambados e participou como propagandista na campaña de axitación da Liga Agrario-Redencionista no verán de 1910. Organizou o Congreso Agrario Provincial de Pontevedra, celebrado en Vilagarcía en xullo de 1915, onde se discutiu e aprobou o programa do Partido Agrario, do que era autor. Foi director de El Eco de la Enseñanza de Lugo (1893), colaborou en La Idea Moderna e El Regional, foi redactor-xefe de El Heraldo Gallego e colaborou en Galicia Nueva, La Zarpa e Faro de Vigo. Xubilouse como catedrático do Instituto de Ourense en 1931.

ObrasEditar

  • Nociones del Derecho, 1913.

NotasEditar

  1. La Región, 13-4-1940, p. 2.

Véxase taménEditar