Abrir o menú principal

Heraldo de Vigo foi un periódico editado en Vigo entre 1912 e 1914.

Historia e característicasEditar

Fundado por Manuel Posada García-Barros, apareceu o 1 de xullo de 1912. Diario liberal que representaba en Vigo a política de Montero Ríos, estaba dirixido por Justo Fernández Herba. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Linares Rivas, Javier Montero Mejuto, Valentín Paz-Andrade, Manuel Lustres Rivas e Laureano Domínguez Cao-Cordido. Incluía información xeral e un apartado literario. Cesou a súa edición en marzo de 1914.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.