Manuel Posada García-Barros

político español

Manuel Posada García-Barros, nado en Vigo en 1868 e finado na mesma cidade o 4 de outubro de 1933, foi un avogado e político galego.

Manuel Posada García-Barros
Manuel Posada García-Barros 1933.jpg
Nacemento1868
 Vigo
Falecemento4 de outubro de 1933
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi vicepresidente da Cámara de Comercio, alcalde de Vigo (1903)[1] e presidente do Partido Liberal vigués, representaba en Vigo a política de Montero Ríos. Promoveu Vigo Liberal e fundou o periódico Heraldo de Vigo (1912-1914). En 1914 presidiu o Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo[2].

Nas eleccións de 1916 foi elixido deputado polo distrito de Muros. Volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1918. Nas eleccións de 1923 foi elixido deputado polo distrito de Illescas (Toledo).


Predecesor:
Prudencio Nandín Vicente
  
Alcalde de Vigo
 
1903
Sucesor:
Joaquín Pérez Boullosa

NotasEditar

  1. Gaceta de Galicia, 28-2-1903, p. 3.
  2. "CIRCULO CULTURAL MERCANTIL E INDUSTRIAL DE VIGO, Juntas en la Historia.". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 19 de agosto de 2012. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar