Prudencio Nandín Vicente
político español
Prudencio Nandín Vicente foi un comerciante e político galego.
Prudencio Nandín Vicente | |
---|---|
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Dono do establecemento hortícola e floraría La Paz en Vigo. Foi un dos socios fundadores da Sociedad Eléctrica Gallega co Marqués de Riestra (1899). Foi concelleiro de Vigo dende 1892 e tenente de alcalde. Foi nomeado alcalde de Vigo por Real Orde de 15 de xuño de 1901, tomando posesión o 19 de xuño[2]. Dimitiu do cargo en febreiro de 1903 e para sucedelo foi nomeado Manuel Posada García-Barros[3].
Casou con Carmen Sobrino.
Notas editar
- ↑ Casa Prudencio Nandín en Turgalicia.
- ↑ Gaceta de Galicia, 19-6-1901, p. 2.
- ↑ Gaceta de Galicia, 28-2-1903, p. 3.
Predecesor: Antonio López de Neira |
Alcalde de Vigo 1901 - 1903 |
Sucesor: Manuel Posada García-Barros |