El Pueblo (1913)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Pueblo.
El Pueblo foi un semanario publicado en Vigo entre 1913 e 1914.
El Pueblo | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Vigo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSemanario republicano que apareceu o 19 de abril de 1913.[1][2] Publicábase os sábados. Dirixido por Alfonso Quintas.[3] Narciso Goy foi un dos seus redactores, e entre os seus colaboradores literarios figuraron Rogelio Rivero e José Rey González. A partir do número 57 de abril de 1914, levou o subtítulo de Órgano del Partido Republicano Vigués, pasou a ser bisemanal e encargouse da dirección Javier Montero Mejuto.[4] Algunhas fontes afirman que cesou a súa publicación en 1914, pero en xullo de 1917 aparece a nova de que suspendeu temporalmente a súa publicación.[5].
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Pueblo, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.