José Rey González
mestre e poeta galego
José Rey González, nado en Bemil (Caldas de Reis) o 21 de agosto de 1874 e finado en Vigo o 21 de marzo de 1957,[1] foi un mestre e poeta galego.
José Rey González | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de agosto de 1874 |
Lugar de nacemento | Bemil |
Falecemento | 21 de marzo de 1957 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre e escritor |
Fillos | Jacobo Rey Porto |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Exerceu como mestre en Sabarís e desde 1934 na escola Graduada do Grupo Areal de Vigo, da que foi director. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo, aínda que posteriormente foi reposto. Publicou varios libros de poesía e algúns dos seus poemas apareceron en Tierra Gallega. Deixou inédito un volume titulado Contando cuentos.
Foi pai de Jacobo Rey Porto.
Obras Editar
- Frangullas, 1910, con prólogo de Enrique Labarta Pose.
- Lira gallega, 1911.
- Fume de pallas, 1912.
- Frores murchas, 1914.
- A musa da terra, 1915
- Latexos. Cántigas da terriña, 1925 (poemario bilingüe).
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- José Rey González na páxina web Nomes e Voces.