Roxelio Rivero

escritor e xornalista galego
(Redirixido desde "Rogelio Rivero")

Roxelio Rivero, nado nas Neves en 1884 e finado en 1940,[1] foi un escritor e xornalista galego.

Roxelio Rivero
Nacemento1884
 As Neves
Falecemento1940
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Redactor de El Tea de Ponteareas, onde ás veces empregaba o pseudónimo Xacinto d'as Cubelas, colaborou en Diario de Avisos e Heraldo de Zaragoza e foi correspondente nas Neves de Noticiero de Vigo. Nas Neves dirixiu El Azote, mantivo unha sección crítica titulada “Aturuxos” no semanario satírico vigués La Ráfaga e tamén foi colaborador de Vida Gallega, Don Quijote de Ponteareas, Tramancazos e El Soplete editados en Redondela, La Libertad de Pontevedra e correspondente de Galicia en Ponteareas. Na República colaborou en Tribuna. En setembro de 1924 marchou a Lisboa.[2] Foi un autor de notable éxito popular, publicou os seus contos en El Tea, que despois foron recopilados en forma de libro. Escribiu tamén algunhas pezas teatrais.

ObrasEditar

NarrativaEditar

  • Fungueirazos. Contos gallegos, 1916.
  • Cóchegas. Contos gallegos, 1920.
  • Galicia rindo, 1924.
  • Larpeiro, coitado e mártir, 1929.
  • Aventuras de Guan Piériz, 1934.
  • Aturuxos. Contos gallegos, 1935.
  • Desfile de bandoleros, 1939.

TeatroEditar

  • ¡Que pena tiña!.
  • O meu Alfredo, con Telesforo Sestelo.
  • Na casa do ciruxano, con Telesforo Sestelo (estreada o 25 de marzo de 1919).
  • Un Home de Pau e Ferro, sainete.

Vida persoalEditar

Casou con Julia Troncoso Juanatey en 1913 e foi pai do tamén escritor e xornalista Carlos Rivero Troncoso.

NotasEditar

  1. "Homenaxe en As Neves" in La Voz de Galicia, 17-5-1996, p. 43.
  2. El Tea, 14-9-1924, p. 3.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Cabo Villaverde, Miguel, "Da revolución á cooperativa. Visións literarias do agrarismo galego"', in Homenaje a José García Oro. Santiago de Compostela: Universidade, 2002.

Ligazóns externasEditar