Tramancazos foi un semanario satírico[1] publicado en Redondela entre 1923 e 1924.

Tramancazos
LocalidadeRedondela
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Decano de la prensa de Redondela y el de mayor circulación, apareceu o 2 de setembro de 1923. Órgano de expresión da Unión Patriótica de Redondela. No seu primeiro número informaba que sairía tres veces ao mes, pero non sempre cumpriu co anunciado. O director era Amador Pérez Sousa. Entre os colaboradores figuraron Rogelio Rivero, Mario Canda, Antonio Extremadouro (Ant-Eo), Aurelio Sanmartín Sanvicente (O Demo d'os Tras), Mexete, Choco, Xan dos Zocos e Cantiño.

  1. Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Galaxia. p. 445. ISBN 84-8288-137-X. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. pp. 42–43. ISBN 84-8302-720-8.