Mario Canda

xornalista e poeta galego

Mario Canda Pérez, nado en Ribadavia en 1913 e finado na mesma localidade a principios de febreiro de 1936[1], foi un xornalista e poeta galego.[2]

Infotaula de personaMario Canda
Nome orixinalMario Canda Pérez
Biografía
Nacemento1913
Ribadavia
Morte1936
Ribadavia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticopoesía
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiEmilio Canda Adán Editar o valor em Wikidata
IrmánsEmilio Canda Pérez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi fillo do escritor e publicista Emilio Canda Adán e de Sofía Pérez Castro (e irmán do xornalista e escritor Emilio Canda Pérez). Colaborou nos periódicos Tramancazos, El Eco del Condado, El Compostelano, Noticiero del Avia, Ris-Ras, Faro de Vigo e El Soplete; foi redactor-xefe de La Cañiza. En 1928, en tempos da ditadura de Primo de Rivera, con quince anos de idade, o Noticiero del Avia (fundado polo pai) publícalle o libro de poemas Cantigas y Cantares, con prólogo, en lingua castelá, do presidente da RAG Eladio Rodríguez González (e portada de Xaime Prada) onde se atacan as correntes anovadoras de principios do século XX das que se desmarca o autor, inserido nas tendencias da literatura galega finisecular.[3][4][5]

…Mario Canda escrebe con sinxeleza, con inxenuidade, e a súa expresión é balboante, como corresponde aos seus poucos anos. Algúns ensaios de polimetría revelan a inexperiencia do moi mozo versificador. Os seus temas son sentimentáis, sociáis e folklóricos". [sic]

Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 565. ISBN 84-7154-227-7. 

Empregou o pseudónimo "4 ojos".[6]

Obras editar

  • Cantigas y Cantares, 1928. Imp. Noticiero del Avia (en galego).
  • Azul, 1932 (en castelán).

Notas editar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 6/2/1936, p. 10.
  2. Epistolario galego de Miguel de Unamuno CIRP. 2000.
  3. "Canda, Mario". Diccionario enciclopédico galego universal 12. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 92. ISBN 84-7680-429-6. 
  4. "Canda, Mario". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. 2010-2011. p. 174. 
  5. "Canda, Mario". Enciclopedia Galega Universal 4. Ir Indo. 1999-2002. p. 338. ISBN 84-7680-288-9. 
  6. "Mario Canda Pérez. Poeta e periodista" Asociación cultural Por un Ribeiro Poético, 1/3/2016.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar