El Soplete (Redondela)
El Soplete foi un semanario publicado en Redondela entre 1931 e 1933.
El Soplete | |
---|---|
Localidade | Redondela |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSemanario satírico que apareceu o 8 de novembro de 1931. O director e propietario era Amador Pérez Sousa. Entre os redactores figuraron Generoso Muíños Blanco, Antonio Criado, Luís Miguez Extremadouro e Antonio Extremadouro Otero; e entre os colaboradores, Fernando González Gómez, Manuel García Cabezas (co pseudónimo Goal), Fermín Feijoo Alfaya e José María Blanco Alfaya (co pseudónimo Blanal). O periódico combinou galego e castelán. Entre os autores que asinan en galego están Lamas Carvajal, Ernesto Padín Lorenzo, Avelino Cal Fernández, Fontenla e Lucio Fernández. Tamén incluíu contos e artigos de temática variada. Vinculouse presuntamente ao Partido Radical aínda que foi evolucionando a posturas próximas ao Partido Galeguista. O seu carácter é particularmente político, apoiando incondicionalmente á República, pero non sen certa crítica e apoiando tamén a autonomía de Galiza. Cesou a súa publicación co número 61, o 9 de abril de 1933.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Soplete, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Soplete, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. pp. 43–46. ISBN 84-8302-720-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.