Avelino Cal Fernández

xornalista e político galego

Avelino Cal Fernández, nado en Redondela en 1901, foi un xornalista e político galego.

Avelino Cal Fernández
Nacemento1901
Lugar de nacementoRedondela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
PaiSaturno Cal Muíños
IrmánsRaimundo Cal Fernández
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Saturno Cal Muíños. Foi contable nunha empresa en Madrid. Na Segunda República foi correspondente en Madrid do periódico redondelán El Soplete. Regresou a Redondela para ser contable da fábrica de conservas JOB de José Otero González.[1] Militou no Partido Galeguista e foi director do seu voceiro Terra!. En abril de 1933 foi candidato nas eleccións municipais, pero non foi elixido. En 1935 foi elixido secretario xeral do Grupo Galeguista de Redondela. No franquismo foi director xerente e despois apoderado da fábrica de conservas JOB.[2] Colaborou e foi asesor técnico do Club Deportivo Redondela.

Notas editar

  1. González Cardama, Amado (20-2-1988). "José Otero González, un pionero de la industria redondelana". La Voz de Galicia, Vigo: 28. 
  2. El Pueblo Gallego, 23-6-1964, p. 14.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). Concello, ed. A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela. p. 50. ISBN 84-8302-720-8.