Abrir o menú principal

Terra! foi un periódico publicado en Redondela en 1933.

Historia e característicasEditar

Subtitulado Órgano quincenario do Grupo Galeguista de Redondela, apareceu o 16 de abril de 1933. Saía o primeiro e terceiro domingo de cada mes. Estaba dirixido por Avelino Cal Fernández. Publicado integramente en galego. Ademais dos contidos políticos e propagandísticos, publicou textos literarios de Pondal, Lamas Carvajal e Ramón Cabanillas. O último número saíu o 25 de xullo de 1933.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). Concello, ed. A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela. pp. 47–49. ISBN 84-8302-720-8.