José Rodríguez Pavón
político español
José Rodríguez Pavón, finado en Ourense o 6 de xaneiro de 1941[1], foi un político galego.
José Rodríguez Pavón | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 6 de xaneiro de 1941 |
Ourense | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Asentado en Cudeiro, no concello de Canedo. Foi un dos asinantes do Manifesto de Ourense da Liga Acción Gallega (1912) con Basilio Álvarez, Eugenio López Aydillo, Ramón Fernández Mato, Manuel Lustres Rivas e Javier Montero Mejuto, participou nalgúns mitins, como o do Carballiño de agosto de 1912, e foi presidente do Comité Ejecutivo Regional Agrario (1915)[2]. Foi concelleiro de Ourense en 1923 e mantivo o seu posto na ditadura de Primo de Rivera[3]. Na Segunda República foi elixido presidente da Federación Republicana de Ourense[4].
Casou con Ramona Seijo Pérez.
NotasEditar
- ↑ Necrolóxica en La Región, 7-1-1941, p. 2.
- ↑ El Correo de Galicia, 10-12-1915, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 6-4-1924, p. 9.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-9-1931, p. 10.