Celestino Sánchez Rivera
xornalista e escritor galego
Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1870 Santiago de Compostela, España |
Morte | 30 de novembro de 1948 (78 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1941–1948) Real Academia Galega (membro correspondente) (1905–1941) |
Traxectoria
editarFoi conservador do Hospital Real de Santiago de Compostela e cronista da cidade. Mercou e dirixiu El Eco de Santiago, onde escribiu co pseudónimo de Diego de Muros. Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941.[1] En 1944 foi nomeado cronista oficial de Compostela.[1] Foi vogal de Propaganda e Prensa da Archicofraría do Apóstolo e conservador do Arquivo Provincial. Finou en Santiago de Compostela o 30 de novembro de 1948.[2]
Obras
editar- Breve reseña histórica y artística del Gran Hospital de Santiago, 1910.
- El monasterio y templo de Santa María la Real de Sar, único en el mundo por su inclinada construción, 1920.
- Notas compostelanas. Historia, tradiciones, leyendas, miscelánea, 1947.
Recoñecementos
editarComendador don Placa de Afonso X o Sabio.
Vida persoal
editarCasou con María Calvo Zavala e foi pai de Ramiro Sánchez Calvo.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Celestino Sánchez Rivera". Real Academia Galega.
- ↑ Necrolóxica en El Correo Gallego, 1-12-1948, p. 1, 2, 4.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar
Predecesor: ? |
Cronista de Santiago de Compostela 1944 - 1948 |
Sucesor: Raimundo García Domínguez |