La Patria Gallega (Santiago de Compostela)
periódico quincenal editado en Santiago de Compostela
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Patria Gallega.
La Patria Gallega, subtitulado Órgano oficial de la Asociación Regionalista, foi un periódico quincenal editado en Santiago de Compostela do 30 de marzo de 1891 ao 15 de xaneiro de 1892.
La Patria Gallega | |
---|---|
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarAparece o 30 de marzo de 1891, dirixido por Alfredo Brañas coa colaboración de Manuel Murguía, foi o órgano da Asociación Regionalista Gallega. A publicación xurdiu co gallo dos xogos florais de Tui, celebrados en xuño de 1891, cando se fundou a Asociación Regionalista Gallega. De carácter literario, incluíu recensións e artigos xornalísticos en que manifestaba grande interese polo rexionalismo catalán como modelo a seguir en Galicia. Cesou a súa publicación o 15 de xaneiro de 1892.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Patria Gallega |
Bibliografía
editar- "Patria Gallega, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Patria Gallega, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 375. ISBN 84-8288-137-X.