Boletín da Real Academia Galega

publicación periódica
(Redirección desde «Boletín de la Real Academia Gallega»)

O, inicialmente, Boletín de la Academia Gallega,[2] despois Boletín de la Real Academia Gallega (desde o número 5 ata 1980), e, por último, Boletín da Real Academia Galega (dende o ano 2000), é o órgano de expresión oficial da Real Academia Galega (RAG) no que se recollen os traballos e noticias relacionadas co funcionamento interno da RAG. A finalidade deste boletín é difundir a cultura galega. Todos os número están dispoñibles en liña.[3]

Boletín da Real Academia Galega
Artigo de Eugenio Carré no Boletín de la Real Academia Gallega.[1]
PaísEspaña
LugarA Coruña
Lingualingua galega e lingua castelá
Primeira edición2000
Circulación
ISSN1576-8767
OCLC436597362
Na rede
http://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/issue/archive
Galiciana: 7381 Dialnet: 7453
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Publícase por primeira vez na Coruña o 20 de maio de 1906,[2], e o seu primeiro director foi Manuel Murguía, presidente da institución.[4][5][6] Nos comezos colaboraban case exclusivamente os membros da Real Academia Galega, e nun principio tivo unha periodicidade editouse mensual.

Entre os anos 1936 e 1942 non houbo publicacións debido a guerra civil. Despois a publicación do boletín foi bastante irregular, algunhas veces só se publicaba unha vez ao ano. Tivo peridiocidade irregular ata o ano 1980, estando os boletíns agrupados en 33 tomos. Pouco a pouco, o boletín foi mudando o seu carácter ata converterse nun boletín máis científico. As seccións son: Estudos, Documentos galegos, Bibliografía, Sección oficial e Publicacións recibidas.[6] Nos primeiros volumes cobra importancia a "Sección oficial" onde hai discursos, adquisicións para a biblioteca, doazóns, ingresos de novos académicos etc.

No ano 2000 retomouse a publicación e desde entón mantén periodicidade anual, con monográficos dedicados á persoa protagonista do Día das Letras Galegas.

  1. Carré Aldao, Eugenio (1916). "Una poetisa gallega del siglo XVI". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (110): 39–42. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 03 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Ano 1, número 1 Arquivado 06 de maio de 2016 en Wayback Machine. 20 de maio de 1906.
  3. "Boletíns da Real Academia Galega". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2016. Consultado o 17 de maio de 2016. 
  4. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
  5. Cal, Rosa e Pérez Pais, Carme (1993). Repertorio bibliográfico sobre a prensa galega pp. 176-177.
  6. 6,0 6,1 Vilavedra, D. (coord.): Diccionario da Literatura Galega II. Publicacións periódicas, pp. 76-77, Galaxia, ISBN 84-8288-137-X.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar